Identidade

O derradeiro obxectivo e razón de ser do Colexio Apóstol Santiago da Compañía de Xesús é o crecemento persoal e global da persoa, que leva aparellado a opción e o compromiso cos valores, consonte aos principios e visión humana e cristiá da vida. 

Centro plurilingüe

O noso Proxecto Educativo ten como obxectivo básico a formación integral, e dentro dela queremos dar resposta á necesidade de posuír, na sociedade actual, un bo dominio de como mínimo dous idiomas da Comunidade Europea e un manexo fluído dos mesmos.

Actividades Paraescolares

Actividades Paraescolares co fin de apoiar a formación integral, fomentar afeccións útiles para o positivo emprego do tempo de lecer e fomentar as relacións e os valores humanos.
Flexibilidade de horarios, niveis de ensino e tipo de actividade.

TEMAS DESTACADOS

Baixo o título, O poder do silencio, Educación e meditación, organizaranse no colexio as I Xornadas de Espiritualidade de Vigo. Será o sábado 20 de xaneiro, no salón de actos, durante todo o día. Haberá servizo de comedor e de gardería. Os interesados poden inscribirse nesta web, no enlace www.colegioapostol.com/foro.

Co novo ano comezamos o TEMPO de PAZ no colexio. O día grande celébrase o martes 30 de xaneiro, por ser o Día Escolar pola Non Violencia e a Paz. Tamén é o tempo do noso tradicional Día do Bocata e de colaboración con Mans Unidas.

Xaruma convídanos a participar no obradoiro do venres 12 de xaneiro, no que realizarán un xoguete de refugallo para que os nenos e nenas sepan utilizar os materiais da vida diaria, co que poder xogar e pasar un bo rato. Como sempre será la biblioteca do colexio.

O Colexio acolleu hoxe una conferencia de altura. A científica da NASA, Begoña Vila, que foi antiga alumna do Apóstol, ofreceu aos alumnos de Bacharelato unha interesante charla sobre o seu traballo ao frente de pioneiro proxecto de telescopio James Webb, do que é enxeñeira de sistemas na Administración Nacional da Aeronáutica e do Espacio de Estados Unidos, máis coñecida como NASA.

Páxinas

we advice you on question where you can buy ambien online cheap

i can advice you how to buy tramadol online tracking on USA tracking on USA