slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3 slideshow 4 slideshow 5 slideshow 6 slideshow 7 slideshow 8 slideshow 9

Identidade

O derradeiro obxectivo e razón de ser do Colexio Apóstol Santiago da Compañía de Xesús é o crecemento persoal e global da persoa, que leva aparellado a opción e o compromiso cos valores, consonte aos principios e visión humana e cristiá da vida. 

Centro plurilingüe

O noso Proxecto Educativo ten como obxectivo básico a formación integral, e dentro dela queremos dar resposta á necesidade de posuír, na sociedade actual, un bo dominio de como mínimo dous idiomas da Comunidade Europea e un manexo fluído dos mesmos.

Actividades Paraescolares

Actividades Paraescolares co fin de apoiar a formación integral, fomentar afeccións útiles para o positivo emprego do tempo de lecer e fomentar as relacións e os valores humanos.
Flexibilidade de horarios, niveis de ensino e tipo de actividade.

O Colexio arranca a Campaña de Nadal 2017, un tempo cheo de actividades e celebracións. Todos e todas estades invitados a participar das diferentes propostas que vos facemos, tanto as máis celebrativas como as que están máis en clave solidaria, sempre coa intención de vivir este tempo de Advento e Nadal.

O acontecido no primeiro trimestre do curso, resumido nas principais novas xeradas polo Colexio, xa está a vosa disposición na primeira newsletter 17/18 que publicamos o pasado 1 de decembro. Novas institucionais, dos nosos alumnos, da Compañía, editorial da dirección....

Rematado o primeiro tempo do curso que dedicamos á acollida e ao compromiso, chega o Tempo de Advento e Nadal. Nestas semanas queremos suliñar os valores da esperanza, a tenrura, a solidariedade e acollida cos que máis nos necesitan.

Esta semana estamos a sensibilizar, dende todos os ámbitos do colexio, sobre o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

O Colexio acollerá, durante as vacacións de Nadal, dous campamentos tecnolóxicos destinados ao alumnado dos últimos cursos de Primaria (4º, 5º e 6º) e da ESO. Organizaranse en dúas quendas de catro días cada unha, en horario de mañá (10:00 a 14:00 h).

Quendas: 1ª: do 26 ao 29 de decembro; 2ª, do 2 ao 5 de xaneiro.

A celebración do Magosto 2017, como cada outono, e momento de festa e celebración no Colexio. O alumnado de Primaria gozou dunha das tradicións máis nosas. Este ano, ademais, todos puideron posar cos seus profes no photocall que, con tal motivo, montamos no campo do frontón. Tamén traballaron antes, a través de unidades didácticas, todo o relacionado con esta tradición galega.

Páxinas

we advice you on question where you can buy ambien online cheap

i can advice you how to buy tramadol online tracking on USA tracking on USA