slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3 slideshow 4 slideshow 5 slideshow 6 slideshow 7 slideshow 8 slideshow 9

Identidade

O derradeiro obxectivo e razón de ser do Colexio Apóstol Santiago da Compañía de Xesús é o crecemento persoal e global da persoa, que leva aparellado a opción e o compromiso cos valores, consonte aos principios e visión humana e cristiá da vida. 

Centro plurilingüe

O noso Proxecto Educativo ten como obxectivo básico a formación integral, e dentro dela queremos dar resposta á necesidade de posuír, na sociedade actual, un bo dominio de como mínimo dous idiomas da Comunidade Europea e un manexo fluído dos mesmos.

Actividades Paraescolares

Actividades Paraescolares co fin de apoiar a formación integral, fomentar afeccións útiles para o positivo emprego do tempo de lecer e fomentar as relacións e os valores humanos.
Flexibilidade de horarios, niveis de ensino e tipo de actividade.

   Unha visita a diferentes facultades da Universidade de Vigo, e varias charlas con profesionais de diversas disciplinas en aulas do noso centro, conformaron as actividades principais das II Xornadas de Orientación Universitaria organizadas polo colexio en colaboración coa Anpa.   Como acción principal, o "coach" Pablo García Fortes ofreceu unha charla motivadora no salón de actos a todo o alumnado de 2º de Bacharelato.
Pablo García Fortes, antes de iniciar a súa charla no salón de actos

A Asociación Xaruma convídanos a participar no obradoiro do venres 2 de marzo, no cal realizarán unha manualidade onde os principais protagonistas serán os materiais de refugallo. Para poder asistir a dito obradoiro é preciso inscribirse previamente, marcando o nome de neno ou da nena e a súa idade correspondente. A data límite para a inscrición é o 1 de marzo.

O tradicional Concurso de Ciencias Sociais - Maratón de Preguntas chega este ano a súa 27ª edición. Como noutros cursos, a participación está aberta ao alumnado de 5º e 6º de Primaria, ESO e Bacharelato.

Cartel anunciador do concurso

Alba Suárez, alumna de 5º de Primaria, e Inés Lorenzo, de 3º, foron premiadas no Concurso de Debuxo que cada Nadal organiza o Ifevi e o Concello de Vigo. Ambas estudantes do noso colexio recolleron hai uns días o premio, de mans do alcalde da cidade, nas instalacións municipais. Parabéns a Inés e Alba de parte de todo o Apóstol!

Os informamos de la actividad que Entreculturas Vigo llevará a cabo el próximo martes 20 de febrero, en el Centro Loyola de Vigo, con alumnos de 15 a 17 años de nuestro colegio y de otros de la ciudad que también participarán.

A Xunta abre a convocatoria de axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2018 por parte dos alumnos de centros escolares galegos (xúntase cartel informativo desta convocatoria). O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 8 de febreiro e remata o día 7 de marzo.

Páxinas

we advice you on question where you can buy ambien online cheap

i can advice you how to buy tramadol online tracking on USA tracking on USA