Un pouco de historia

Un Colexio e unha historia.

140 anos servindo a Galicia

Algúns datos históricos que nos axudan a comprender mellor o presente

 

  • 1872. O P. Tomás Gómez funda o Colexio no Pazo de Ancéis (A Coruña).

     

  • 1875. O P. Tomás Gómez traslada o Colexio a un terreo edificable de Camposancos (A Guarda). Alí mesmo nace un pequeño Seminario e un centro Universitario, que, evolucionando, se convertirán na Universidade de Comillas e a Universidade de Deusto, respectivamente.

     

  • 1916. O Colexio ven a Vigo, edificio de 'la Molinera'. Adquírese a finca de Bellavista, onde se instalan las Preparatorias; ahí estuvo Camilo José Cela os dos cursos seguintes.

     

  • 1928. Inaugúrase o edificio do novo colexio en Bellavista, obra do arquitecto vigués José Franco Montes, e trasládanse todos os cursos dende La Molinera. Este curso ten 241 alumnos, a metade son internos, e a outra metade, de familias de Vigo.

     

  • 1932. O Goberno da República decreta a disolución das comunidades da Compañía de Xesús. O colegio é incautado. Como faltan cinco meses para acabar o curso, por ese tempo trasládanse as clases a uns pisos alquilados na rúa Areal de Vigo. Neste tempo son profesores dúas figuras destacadas da cultura galega: o poeta Xosé Manoel Cabada y o humanista Xesús Ferro Couselo. O edificio do colexio pasa a ser Instituto de Segunda Ensinanza e, posteriormente, hospital militar durante a guerra civil e ata 1940. O colexio, cos seus alumnos e profesores, emigra ó desterro de Entre-os-ríos e Curía (Portugal).

     

  • 1936. Regresa a España, pero ten que instalarse provisionalmente nos hoteis de Mondariz Balneario.

     

  • 1940. Rematada a guerra civil, o novo goberno suspende o decreto da II República sobre os xesuitas e lles son restituídos os bens incautados. O Colexio Apóstol regresa a Teis; son 530 alumnos, principalmente internos. Por esixencia de demanda de prazas ao longo destes anos, acrecenta os seus servizos e renóvase profundamente.
    Créanse tamén neste ano as Escuelas de San Ignacio, en edificios situados fronte ao colexio e propiedade do mesmo, na actual rúa Sanjurjo Badía. Son escolas gratuitas, a elas poden tener acceso alumnos de calquera condición económica. O P. Nemesio Encinas será por moitos anos alma e corazón deste segundo colexio. A súa fama e cariño exténdese por todo o barrio de Teis.

     

  • 1954. Inaugúrase o edificio da igrexa, construido con planos do vigués Antonio Cominges. Ten porta á rúa Sanjurjo Badía e a súa construccción obriga a remodelar toda a entrada ó colexio.

     

  • 1955. Publícase a novela xuvenil "La vida sale al encuentro", de José Luis Martín Vigil, antigo profesor do colexio. Os protagonistas e a acción pertencen a este colexio de Bellavista e durante unha década será a novela que len todos os adolescentes españois.

     

  • 1970. A igrexa do colexio covértese en Parroquia.

     

  • 1971. Despois dun siglo, desaparece o internado. Os alumnos do Apóstol serán en adiante únicamente de Vigo e lugares próximos. Nos anos seguintes incrementarase progresivamente a afluencia de alumnos do barrio. Este é o primeiro curso no que asiten rapazas ó Colexio : 58 alumnas en C.O.U.

     

  • 1973. As "Escuelas de San Ignacio" intégranse no Colexio Apóstol e desaparece aquela segunda institución.

     

  • 1978. Incorpóranse as primeiras alumnas en B.U.P.: 24 rapazas comienzan 1º de B.U.P.

     

  • 1980. Visita o Colegio, no mes de xullo, eo P. Pedro Arrupe, P. Xeral da Compañía de Xesús.

     

  • 1980. Por primeira vez na súa historia os cidadáns que elixen este Colexio para educar aos seus fillos no nivel obrigatorio, reciben unha axuda económica da Administración Pública.

     

  • 1984. Celébranse no noso Colexio as XV Xornadas Educativas de Centros da Compañía de Xesús en España.

     

  • 1985. O 6 de outubro, o Papa Xoán Pablo II beatifica ó Irmán Francisco Gárate (1857-1929), que foi enfermero no noso Colexio en A Guarda dende 1877 a 1888.

     

  • 1989. O novo P. Xeral dos xesuitas, P. Kolvenbach estivo un par de días no Colexio durante o verán. Puido recorrelo e admirar a súa privilexiada situación.

     

  • 1990. En setembro deste ano rexístrase a maior matrícula na historia do Colexio: 2.141 alumnos.

     

  • 1994. Ábrese o paso ó Colexio a rapazas dende Infantil e Primaria: a primeira alumna que consta como admitida para este curso 94-95, é Angela Barros Santos.

     

  • 1994. O 21 de xaneiro preséntase oficialmente o libro do P. Evaristo Rivera "Colegio Apóstol Santiago. Historia de una peregrinación".

     

  • 1997. Conmemoración do CXXV Aniversario do nacemento do Colegio. Preside a inauguración o Presidente da Xunta, D. Manuel Fraga Iribarne. O Ministro de Sanidade, antigo alumno del Colexio, D. José Manuel Romay Becaría, descobre unha placa conmemorativa, ofrecida polos Antigos Alumnos.

     

  • 1998. O Concello de Vigo concede ao Colexio a Medalla da Cidade. O Superior da Comunidade de Xesuitas, o santanderino P. Emilio Vega, agradece o galardón cun breve e emotivo discurso en galego.

     

  • 1999. Nste curso son mixtos todos os cursos do Colexio: arredor de 1600 alumnos e alumnas.

     

  • 2000. O Colexio obtén o Concerto Pleno coa Consellería de Educación: o ensino é gratuito nos niveis concertados (de 6 a 16 años); lógrase un obxectivo importante para o noso Proxecto Educativo.

     

  • 2001. Remate da implantación da LOXSE no Colexio.

     

  • 2003. Conmemoración do 75º aniversario do establecemento do Colexio Bellavista.

     

  • 2007. Otórgaselle ó Colexio o selo de EXCELENCIA EUROPEA 400+, Modelo EFQM de Excelencia, polo seu sistema de xestión.

     

  • 2009. Remate da implantación da LOE no Colexio.

 


 

O COLEXIO HOXE

O noso Colexio Apóstol Santiago, Centro establecido e dirixido pola Compañía de Xesús dende 1872, aspira a ser unha Comunidad Educativa Cristiá para servizo de Galicia e na que actualmente fórmanse uns 1500 alumnos, dende os primeiros niveis de ensino ata bacharelato. Existe coeducación en todos os cursos do Colexio.

 

Na actualidade ocupa un amplio e sano recinto de 50.000 m2 con catro edificios: xunto a la igrexa, o primitivo, que hoxe alberga dende os máis pequenos ata a Educación Secundaria; o 'pabellón do bosque', tradicionalmente de B.U.P. é onde residen os dous cursos dos 'maiores'; e o da Entrada Principal: Recepción, Secretaría e Administración, Biblioteca, Salón de Actos, Comedor, e nos pisos superiores ten a súa residencia a Comunidade de Xesuitas. O Colegio tamén se extende en diferentes campos deportivos e uns 4.000 m2 de bosque con especies arbóreas verdaderamente notables. Todo o conxunto aséntase na populosa barriada de Teis, xunto á Igrexa Parroquial, rexentada asimesmo pola Compañía de Xesús.

Así, o recreo e as actividades deportivas desenvólvense nun campo de futbol de dimensións regramentarias e en dous extensos patios nos que se poden levar a cabo xogos e competicións de todo tipo, así como dous campos regramentarios de baloncesto. Unhas canchas semicubertas de 2500 m2 e con luz artificial, en servicio dende fai uns oito anos, completan as instalacións deportivas, nas que se "traballa" duramente ao longo de toda a xornada e ata bien entrada a noite. Un pequeno parque infantil alegra todo e contorno coas súas bulliciosas voces.
 


 

ESTADÍSTICA DO COLEXIO
Curso 2012 - 2013
 

Número de alumnos en:

Educación Infantil
300
Educación Primaria
600
Educación Secundaria
417
Bacharelato
170
Total
1.487

we advice you on question where you can buy ambien online cheap

i can advice you how to buy tramadol online tracking on USA tracking on USA