FUNCIONAMENTO DO SERVIZO

Versión para impresiónVersión PDF

Este servizo funcionará dende o 11 de setembro de 2017 ata o 21 de xuño de 2018, agás os nenos e nenas de 3 anos, que debido ao período de adaptación, comezarán a usar este servizo a partir do luns 18 de setembro.

Para poder apuntarse deberán acceder á web do colexio a partir do luns 21 de agosto, e premer no logo que leva directamente á plataforma COMOCOMEN.

 

Os alumnos que vaian utilizar este servizo no mes de setembro deberán anotarse tendo como último día o 31 de agosto.

Os que que vaian utilizar este servizo no mes de outubro, terán como último día o 20 de setembro.

¿Que teño que facer antes do 31 de agosto ou do 20 de Setembro?

Este prazo esta aberto para que os pais e nais poidan inscribir ós nenos e nenas no comedor. Indicarase o TIPO DE ASISTENCIA.

  • Se elixen “TODOS LOS DIAS” o alumno/a quedará inscrito para asistir todos os días do curso.
  • Se elixen “DIAS FIJOS” (indicando por exemplo todos os luns do curso ou todos os martes do curso), o alumno/a quedará inscrito eses días específicos durante todo o curso.
  • E se elixen “DIAS ESPORADICOS” quere dicir que deberedes avisar con anterioridade (antes das 10 da maña do dia en cuestión) dos días que os alumnos/as queden a comer no comedor.

¿Teño que dar de alta aos nenos na plataforma?

Non é necesario. Tódos os nenos inscritos no colexio están xa inscritos na plataforma. O único que deben facer os pais e indicar que días se quedan a comer. Ou ben “Todos los días”, ou ben “Días fijos” (por exemplo, se vai ir tódolos xoves, ou tódolos luns e venres, etc...) ou ben “Esporádico”. Neste caso terán que inscribir ós nenos a través da plataforma cada día que queiran que se quede a comer.

¿O usuario e contrasinal é o mesmo que Diodro?

Non. O usuario da plataforma Comocomen é o DNI do pai/nai/titor legal cá letra en maiúscula. Por exemplo: 12345678L.

O Contrasinal serán os últimos catro díxitos do DNI utilizado no usuario, máis a letra en maiúscula. Por exemplo: 5678L

Unha vez na plataforma, na parte esquerda, verá o listado dos seus  fillos/as. Deben premer encima dun dos nomes. Os pasos de inscrición deben repetirse por cada fillo.

¿Podo cambiar o tipo de ASITENCIA despois, durante o curso?

Poderá facelo, pero non automaticamente. Debera solicitalo o centro a través da opción “AVISOS” que atopara no menú esquerdo da plataforma, antes do día 20 do mes anterior.

we advice you on question where you can buy ambien online cheap

i can advice you how to buy tramadol online tracking on USA tracking on USA