CAMPAMENTOS

Versión para impresiónVersión PDF

CAMPAMENTO CATIVOS EI / CAMPAMENTO URBANO EP


CAMPAMENTO CATIVOS EI


Pequena explicación xeral/introdución: O Campamento Cativos de EI intenta ser unha proposta educativa de intervención no tempo libre na que traballar distintos aspectos da educación non formal: autonomía persoal (hixiene, alimentación…), respecto ás normas, convivencia… Todo baséase na RELACIÓN que se establece entre os nenos e os educadores e entre os propios nenos.

Destinatarios: Nenos e nenas de Educación Infantil e en xullo tamén poden ir os nenos de 1º ciclo de E Primaria. Poden vir nenos, amigos e familiares doutro colexio.

Actividades que se realizan: Talleres manuais, grandes xogos, gymkanas, excursións a outros pobos ou cidades, saídas á praia, rastreos, xogos de auga…

Tipo de profesionais que traballan: Profesores do colexio e monitores de paraescolares, todos eles con experiencia en campamentos e no traballo no tempo libre.

Datas: Organízase por semanas, cubrindo os cinco días laborais. Cada neno pódese apuntar a semana/s que queira. Empeza o primeiro día de vacacións de verán e finaliza co mes de xullo. Cobre así os días de xuño nos que as familias non teñen vacacións e non hai colexio e todo o mes de xullo.

Os nenos deben levar: Todos os días deben levar unha mochila co necesario para cambiarse no centro e logo poñerse unha muda e roupa limpa. Fotocopia da tarxeta da S.S. ou do seguro médico privado.

Horario: De 9:00h ás 15:00h.

Lugar: Instalacións do Colexio Apóstol Santiago.

Custo aproximado: Dependendo do nº de días, pero adoita oscilar entre 70-90 €.

Prazos de inscripción: 15 días dende que se manda a carta a casa.

Formas de publicitalo: Mándase unha carta a casa a finais de maio. Publícase na páxina web nesa mesma data. Haberá unha reunión informativa para explicar a actividade.

Coordinador: Por asignar


CAMPAMENTO URBANO EP


Pequena explicación xeral/introdución: O Campamento urbano de EP intenta ser unha proposta educativa de intervención no tempo libre na que traballar distintos aspectos da educación non formal: autonomía persoal (hixiene, alimentación…), respecto ás normas, convivencia… Todo baséase na RELACIÓN que se establece entre os nenos e os educadores e entre os propios nenos.

Destinatarios: Nenos e nenas de 1º a 6º de E Primaria. Poden vir nenos, amigos e familiares doutro colexio.

Actividades que se realizan: Talleres manuais, grandes xogos, gymkanas, excursións a outros pobos ou cidades, saídas á praia, rastreos polo barrio e o colexio…

Tipo de profesionais que traballan: Profesores do colexio e monitores de paraescolares, todos eles con experiencia en campamentos e no traballo no tempo libre.

Datas: Empeza o primeiro día de vacacións de verán e finaliza co mes de xuño. Cobre así os días de xuño nos que as familias non teñen vacacións e non hai colexio.

Os nenos deben levar: Todos os días deben levar unha mochila co necesario para ducharse no centro e logo poñerse unha muda e roupa limpa. Os días de durmida no centro, deben levar unha mochila coas mudas e a roupa para dous días e o pixama. Tamén o saco de durmir. Os días de excursión cada neno levará o seu merenda e a súa comida. Fotocopia da tarxeta da S.S. ou do seguro médico privado.

Horario: De 9:00h ás 20:00h. Os días de durmida os nenos chegan ás 9:00h e saen ás 20:00h do día seguinte.

Lugar: Instalacións do Colexio Apóstol Santiago.

Custo aproximado: Dependendo do número de días, pero adoita oscilar entre 100 e 120 €.

Prazos de inscripción: 15 días dende que se manda a carta a casa.

Formas de publicitalo: Mándase unha carta a casa a finais de maio. Publícase na páxina web nesa mesma data. Haberá unha reunión informativa para explicar a actividade.

Coordinador: José Martínez Rei


we advice you on question where you can buy ambien online cheap

i can advice you how to buy tramadol online tracking on USA tracking on USA