.

Newsletter

DECEMBRO 2016

 

Aprendizaxe cooperativa, implantada este curso en todas as aulas do colexio

O colexio completa neste curso 16/17 a súa liña de traballo de innovación e aprendizaxe cooperativa, que vén implantando desde hai dous anos. A totalidade de alumnos participa xa desta forma de entender as nosas clases.

 

A lección inaugural do curso, a cargo do ex alumno Francisco Menéndez, alto cargo da Xunta

O curso 16-17 iniciouse no Colexio Apóstol Santiago coa la lección inaugural que impartiu Francisco Menéndez, o pasado 15 de setembro no salón de actos do colexio.

 

O colexio Apóstol Santiago, 100 anos servindo a Vigo

Este curso conmemoramos a chegada do colexio á cidade de Vigo hai un século. Varios actos lembraron esta data tan especial para todos.

Eva Díz e Candela García, premios extraordinarios da ESO 15/16; Alberto Ulloa, ex alumno, premio de Bacharelato

Ulloa foi o único alumno da provincia de Pontevedra premiado pola Consellería de Educación, que cada ano concede 20 premios extraordinarios de Bacharelato en toda Galicia.

 

Intensos meses en Pastoral cheos de actividades

As convivencias, a xornada do Domund e a Asemblea da Rede da Mocidade Solidaria, a preparación da Campaña de Nadal e a Confirmación, foron os momentos máis intensos deste arranque do curso dende o Departamento de Pastoral do colexio

Os profesores fórmanse en xornadas celebradas en Madrid e Ludwishafen

Varios profesores do colexio participaron en reunións de formación durante as últimas semanas en citas organizadas en Madrid (SIMO) e no congreso de directores celebrado en Ludwishafen, en Alemaña.

 

No comedor escolar, os alumnos tamén aprenden mentras comen

"Aprendendo a comer" é o programa educativo que este curso está a levar a cabo no noso comedor. Un lugar onde queremos que os nosos alumnos fagan algo máis que comer.

Apoiamos unha campaña contra o acoso escolar apoiada nun video que gravan no noso colexio

O colexio colaborou na realización do videoclip RUN, que protagoniza o grupo pontevedrés Furius Monkey House. O seu obxectivo é concienciar na prevención do acoso escolar, o sexting e o abuso de menores.

 

Temos un subcampión do mundo de taekwondo

Samuel Alves Domínguez, alumno de 2º de Bacharelato no noso colexio, proclamouse en Perú, subcampeón do mundo de taekwondo, na modalidad de FreeStyle sub-17.

 
 

AXENDA FEBREIRO/MARZO 2017

 
  • 9 xaneiro: Recomezo das clases
  • 30 xaneiro-3 febreiro: Semana da Paz e a Solidariedade
  • 31 xaneiro: Día do Bocata Solidario
  • 11 febreiro: I Encontro da PAL Galicia (Plataforma Apostólica Local) no colexio. Plataforma composta por todas as obras da Compañía de Xesús
  • 1 - 15 Febreiro: Xornadas portas abertas no colexio para novas familias
  • 27, 28 frebreiro, 1 de marzo: Entroido
 
 
 
 

COLEXIO APÓSTOL SANTIAGO