O Departamento de Ciencias Sociais quere agradecer aos alumnos a participación no Concruso Ciencias Sociais Maratón de Preguntas. Agardamos que teñades pasado un rato entretido ao mesmo tempo que aprendiades interesantes cuestións vencelladas á Historia, Xeografía e á Arte (aínda que algún personaxe ou cuestión fose un tanto complicado de atopar).
Podedes consultar a continuación o solucionario e a relación de premiados. A entrega de premios será o día 20 de maio, xoves, ás 18’30.
Grazas e ata o curso que ven.