Plantando O Noso Futuro Profesional

Seguindo coa misión do colexio de formar homes e mulleres para os demais e coa necesaria colaboración do Anpa, profesorado e colexio, os nosos alumnos de 1º e 2º de Bacharelato, organizados en 4 áreas de interese distintas, participaron esta semana en charlas-talleres na que distintos profesionais da rama técnica, social, de dereito e empresa; e do ámbito sanitario e científico, ofreceron as súas versións sobre os seus estudos e a súa proxección no ámbito profesional.

¿Por qué elixín estes estudos? ¿En qué consistiron? ¿Como é o meu día a día no meu posto de traballo? Son algunhas das preguntas que no transcurso desta xornada expuxéronse e que serviron aos nosos alumnos para plantar ideas cara o seu futuro profesional.

Ademais, especialistas de Uvigo explicaron aos nosos alumnos que é a ABAU, as súas convocatorias, datas, calendario de matriculación, períodos de reclamación e como acceder á plataforma NERTA para coñecer o estado do seu proceso de admisión.

Amosamos o noso agradecemento a Anpa, aos profesionais, á UVigo, ao profesorado e ao colexio por toda a súa dedicación na procura do noso proxecto educativo integral.